ROGO SOBRE A FONTE E LAVADOIRO DE ONS





Sanxenxo, 23 – 06 – 2009
Ref. Fonte de Ons .
Sra. Alcaldesa:
JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ LORENZO, representante en la Corporación, del partido político VIPS (Vecinos Independientes Por Sanxenxo), manifiesta:
FONTE E LAVADOIRO DE ONS
A “Fonte de Ons” situada no casco urbano de A Revolta, así chamada porque os pescadores paraban alí a beber no seu camiño cara á illa de Ons, tópase nun estado de abandono e suciedade alarmante a día de hoxe. Para demostrar dita situación adxuntase fotos que reflexan o estado actual.
Atoradas ás súas saidas de auga e cuberto de vegetación o lavadoiro provoca un perigo de saludabilidade para os veciños e unha mala imaxen de cara ao turismo que é a fonte de ingresos principal do lugar de A Revolta, cando menos na tempada estival.
Rememorando tempos pasados e en honra a eses mariñeiros que alí paraban no seu camiño cara ás súas barcas para iren a pescar a Ons e tendo en conta que Sanxenxo forma parte da “Asociación de Municipios Turísticos Villas Marineras” da que tanto presumen.
Atendendo a queixa de varios, moitos, veciños da zona que non entenden o abandono ao que están sometidos fonte e lavadero, é polo que lles presentamos o seguinte
R O G O:
que antes de que entremos mais na tempada de verán, procédase a:
* · Limpeza e acondicionamento da Fonte e Lavadoiro de Ons.
* · Sinalización con un cartel indicativo da existencia e ubicación da Fonte e Lavadoiro de Ons.
----------------------------------------
Sra. Alcaldesa do concello de Sanxenxo.-
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada