NOTA DE PRENSA ACCESOS A DORRÓN
Din os entendidos que ningún acontecemento pode ser bo se ao executarse cambia o modo de vida de todo un grupo de familias, o que se coñece como “Modus vivendi”.
Ninguén pode chegar, Concello, Xunta, Deputación, Goberno de Madrid, etc e realizar un cambio na vida cotiá de todo un pobo, sen unha advertencia previa, estudo, exposición, etc, do que se pretende realizar.
A parroquia de Dorrón non gaña para sustos, primeiro a depuradora de fecais (tema aínda sen resolver), despois as licenzas encima do cemiterio (que lles impedían utilizalo), a carretera que atravesa a parroquia non se da acabado, agora os accesos de entrada á propia parroquia, ¿Qué pasará mañá….?. Non será que considerarán os de Dorrón, como na medicina, que, sempre que hai que ensaiar remedios, primeiro experiméntase “in anima vili”
A última modificación que recibiu a entrada a Dorrón foi polo ano 1998 para duplicar a mesma, ou sexa, permitir un segundo xiro á esquerda un pouco mais diante da entrada principal (agora anulados os dous), dirección Pontevedra.
O acceso a Dorron, non hai que negalo, non era do mellor; pero estaba considerado como bo, ou polo menos suficiente por todos os técnicos e políticos que até a actualidade tiñan competencias sobre o mesmo, non estudaran a posibilidade, por non haber necesidade, de modificalo; Pero sempre hai un “mais listo”, ou polo menos iso é o que quixo dar a entender quen propuso a modificación con devandita solución. Neste caso ese “mais listo” estaba equivocado, ou polo menos así o considera o delegado da Xunta, José Manuel Cores, ao desautorizar o seu proxecto, incluso coa obra feita.
Dende VIPS, preguntámonos: ¿Como é posible que a alcaldesa e os seus concelleiros non coñecesen coa debida antelación o proxecto de modificación da estrada no seu entroncamento coa urbanización que se está realizando?, devandito proxecto ten que contemplar o que alí se fixo, pois entra dentro da mesma actuación. É unha pena tanta incapacidade xunta nun só grupo.
Entendemos que os Vecinos de Dorrón permitan a rotonda realizada mais arriba; tamen entendemos que non queiran consentir que a Urbanización desa zona sexa a causa dun cambio tan grande para toda unha parroquia. Pero que saiban que quen menos culpa ten é quen está a realizar a obra, a culpa tena quen lla aprobou: Os técnicos e os políticos Indocti discant, et ament meminisse periti ‘(Apréndano os ignorantes, e recordeno os entendidos).
O concello fai unha declaración pública apoiando aos veciños; isto lémbranos cando fixeron manifestación física cos da Vichona (lembremos o tema das rotondas), daquela a alcaldesa solicitou en vésperas das eleccións a dimisión da conselleira, claro que era o goberno bipartito ¿Tamén sairá estes dias nos medios pedindo a dimisión dos novos responsables da Consellería por realizar devandita actuación na entrada a Dorrón, e agora recuar? Que pena de goberno municipal, que falta de táboas!.
VIPS, que ten un bo arquivo e estudo das nosas estradas, pode asegurar que o acceso de toda a vida, é menos complicado e trae menos problemas (sen accidentes), dos que resultarían da acumulación de todo o tráfico na MALA ROTONDA que enlaza a estrada coa nova urbanización.
VIPS, solicita que non se perda nin unha hora mais, as persoas non duramos nada neste mundo, no que a tempo refírese, e non podemos permitirnos un só día mais circular por este atropelo colectivo.
Xosé Lois González
Secretario de comunicación de VIPS.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada