lunes 6 de julio de 2009

NOTA DE PRENSA




NOTA DE PRENSA DE VIPS.


2- 07 – 2009


O concelleiro de Seguridade Cidadá, o Sr. Salvador Durán estes días mandou á prensa unha noticia, que entre outras, literalmente decia:


”El Ayuntamiento está acondicionando tres parcelas ubicadas detrás de la céntrica iglesia parroquial de San Ginés para habilitar aproximadamente 325 plazas de estacionamiento.

De acuerdo con Salvador Durán, concejal de Seguridade Cidadá, los terrenos suman una superficie de 3.000 metros cuadrados y están situados en el Camiño do Regato. La actuación incluye el desbroce de las parcelas, el suministro de zahorra, nivelado y vallado del espacio.

«Trátase de tres parcelas situadas no centro da vila o que favorecerá -precisa Durán- que sexan empregadas por 325 conductores que ademais non terán que transitar polas rúas de maior circulación xa que o acceso realizarase a través da avenida Emilia Pardo Bazán e a rúa dos Poetas Galegos».


É de esperar que o sr. Salvador Durán teña algo mais fresco que pasarlle aos medios de comunicación, na “edición 2010” sobre os aparcamientos municipais, pois esa é a mesma nota que mandou o pasado ano 2008 logo dunhas preguntas e unha proposta (repásese a hemeroteca) realizadas polo grupo VIPS.


O que ten o Sr. Salvador, a Alcaldesa, ou quen entendan, é que facernos saber como se atopan as realizacións dos aparcamientos subterráneos proxectados ( dous deles adxudicados á mesma empresa, os da Panadeira e Portonovo). Tamen poderíanos informar como se encontra o proxecto do aparcamiento subterraneo a realizar na Avda. Luís Rocafort po la Deputación Provincial; no seu día fixémoslle saber que o verán de 2010 podería estar funcionando se se sacase o concurso a construción e explotación por parte do concello. Pero como como Mamá Diputación prefire ter un negocio en Sanxenxo, deixouse o proxecto en mans do papá político Sr. Louzan, e agora será ese Organismo Provincial (segundo os medios e a alcaldesa), quen montará a súa chiringuito preto da Praia de Silgar.


Tamén nos podían dicir o motivo do por que aínda non teñen pintados todos os pasos de cebra dos grandes núcleos de poboación, ou o por que en plena tempada estanse realizando asfaltados.


Calquera cousa podíannos contar a todos os cidadáns; pero nunca repetir unha cursada o pasado ano e que o presente non se cingue á verdade, pois o concello non está realizando nada novo. Ademais, o estado de devanditas superficies, quen se achegue as mesmas pode observar que de estar preparándoas nada de nada, as herbas que sobre os mesmos crecen, así o denuncia. Esperemos que non paguen traballos que non se realizan.

Xosé Lois González

Secretaría de Comunicación de VIPS